Vistas de página en total

martes, 27 de octubre de 2015

VII Xornadas micolóxicas Vila de Pontedeume


Programa das VII Xornadas micolóxicas:


Venres 30 de outubro

10:00 h. Pola mañá iremos a recolectar diferentes tipos de cogomelos para realizar a primeira exposición das xornadas. Saída dende a Casa da Estación
17:30 h. Preparación da exposición e clasificación de cogomelos
19:30 h. Introdución o mundo da micoloxía e visita guiada pola exposición


Sábado 31 de outubro

09:30 h. Ruta pola Serra do Forgoselo para clasificar cogomelos acompañadxs de José Ramón Pato, saída dende a Casa da Estación
14:30 h. Xantar micolóxico no Bar Trasteiro
17:00 h. Palestra a cargo de Nes López, "Sobre a problemática do eucalipto e as enmendas presentadas ao proxecto de plan reitor das Fragas do Eume", ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
18:30 h. Palestra a cargo de Jose María Costa Lago, "Das utilidades dos poliporos", Asociación Micolóxica PAN DE RAPOSO
Introdución
O término Poliporo é unha especie de caixón de xastre que da acollida a preto dun milleiro de especies de cogomelos que, ordenados en distintos xéneros, familias e ordes, constitúen unha sistemática tan complexa coma variable pola súa constante revisión.
21:00 h. Concerto de ABRENOITE no local do Colectivo Terra


Domingo 1 de novembro

9:30 h. Ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume para clasificar cogomelos acompañadxs de José María Costa Lago. Saída dende a a Casa da Estación
13:00 h. Xantar micolóxico no Restaurante Andarubel


CSO Casa da Estación (Avda. Ferrol, 71)
Colectivo Terra (Boa Vista, 8)
Máis información e inscricións no tlf. 669497621

unha aperta