Desaloxado o C.S.O. Palavea. Concentración hoxe e manifestación o sábado.
Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial
desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de
antidisturbios, apoiadas por coches da
gardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres
anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo
unicamente durmía no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos
meses antes da súa vivenda e que, abandoada polas institucións, atopara
acubillo no noso Centro Social.
O pasado luns 17 rematara o
prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao
específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes
durante máis dunha semana antes de executar a orde.
Tras varios
anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron rematar coa inmensa
insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do
capitalismo e da xerarquía para devolvelo ao redil do mercado.
Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:
ESTE SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO
C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS ÁS 19:00H DIANTE DO
OBELISCO.
Porque os espazos liberados son ferramentas de
transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos
nas rúas!!
DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS
UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!
martes, 25 de marzo de 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario