Páginas vistas en total

martes, 5 de marzo de 2013

II Asemblea aberta para a creación dunha Cooperativa ecolóxica SÁBADO 9 de MARZO




I Acta do día 2 de marzo de 2013

Hora de inicio: aprox. 18.00 horas 26 persoas
Hora de remate: aprox. 20.00 horas 22 persoas

Primeiramente se fixo unha pequena presentación por parte dun membro do C.S.O. A Casa da Estación e despois unha pequena presentación de cada persoa participante da asemblea, onde soubemos as motivacións que nos levaron a participar da convocatoria. Desplazouse xente da zona (Pontedeume/Cabanas/Centroña/Ombre/San Xoan) e de Mugardos, Sedes e Narón.

Na conversa foron xurdindo unha serie de ideas e propostas que puxemos en común:
Polo complexo do proxecto, falouse que dende un principio é mellor ir pouco a pouco, comezando polo máis básico para sentar ás bases e para ver cómo é traballar xuntos/as. As intencións serían crear unha rede estable de produtores/as e consumidores/as ademais dun posible proxecto colectivo. Hai unha proposta de comezar cun encontro periódico para distribución/compra ou trueque de produtos frescos de horta. A partir de cómo se desenvolva se iría ampliando o grupo de consumo ata chegar a formar una cooperativa de consumidores.

Respecto ao que consideraremos ecolóxico: nun principio falouse de utilizar a chamada “certificación social” é decir, se estabelecerá unha relación de confianza entre os/as produtores/as e os/as consumidores/as, ademais se irán a coñecer en persoa as leiras.

Diferenciouse entre tres tipos de participación (que son susceptibles de ampliar e de debatir, por suposto): produtor/a, traballador/a colectivo/a, consumidor/a. A maioría da xente mostrouse interesada en participar dos tres proxectos.

Creación dun banco de terras no que a xente poda ter a súa propia horta ou ben traballar nun proxecto colectivo (ou as dúas cousas). Hai un primeiro ofrecemento dunha leira en Vizús e dos terreos anexos ao C.S.O. A Casa da Estación. Estaría ben que a xente comezase a recopilar posibles opcións de cesión de terreos/inmobles/etc.

Creación dun grupo de xente interesada en recuperar sementes e especies da zona.
Hai un porcentaxe alto de xente que pola situación de crise actual precisa dun apoio para seguir adiante. Hai terras, máis habería que facer unha laboura importante de formación, información, asesoramento, ademais de axuda puntual para os traballos máis duros de acondicionamento das mesmas. Neste punto debatimos sobre a necesidade dunha moeda social ou banco de tempo para compensar a falta de solvencia que nun momento dado pode sufrir calquera persoa da cooperativa. Ademais fíxose fincapé na necesidade de trocar o modelo imposto e formular saídas non convencionais aos atrancos que podamos sufrir.

Respecto ao espazo, aínda que o proxecto xurde coa pretensión de contar nun futuro cun espazo propio, e en ausencia doutras propostas, nun principio o reparto/intercambio de produtos frescos así como as asembleas serán no C.S.O. A Casa da Estación.

Outro tema recurrente foi o interese en fomentar a formación e divulgación da cultura ecolóxica.

Creación dunha páxina web, rede de comunicación e buscar un nome para a cooperativa.

Convocouse unha nova asamblea para o sábado 9 de marzo a partir das 17.30 horas no C.S.O. A Casa da Estación.

Todo isto é moi básico, invitamos a todo o mundo a que comece a traballar xa sexa avisando a coñecidos/as que estean interesados/as no proxecto ou xa sexa preparando algunha iniciativa ou idea.

Este correo dende o que estamos a traballar é particular e o seu uso momentaneo a espera de que na nova asemblea concretemos cómo queremos comunicarnos.

Estaría ben que os/as productores/as leven unha lista dos alimentos que poden ofrecer ou ben que non poden cultivar (e así compensar entre leiras e poder ter unha boa selección de especies) e os/as consumidores/as as hortalizas/frutas/plantas medicinais/frutos secos/etc. que máis consumen para así coordinar cultivos.

Tamén poderíamos facer unha listaxe de material que pode ceder cada quen para as xornadas de traballo colectivo.

Poderíamos facer propostas e así entre todos/as escribir a orde do día da vindeira asamblea.
 

Enlace normativa europea de regulación da produción ecolóxica:
eur-lex.europa.eu/LexUriServ/site/es/consleg/1991/R/01991R20…
Consello galego de cooperativas:
www.cooperativasdegalicia.com/
Enlaces cooperativas de consumo:
www.cooperativaxoaninha.org/
www.zocaminhoca.org/
arbore.org/
eirado.org/
loaira.blogaliza.org/
www.semente.info/
www.agradicela.org/
www.covadaterra.org/
panxea.org/panxeablog/
agrelar.net/
Enlaces cooperativas de economía alternativa:
www.opeto.org/
www.coop57.coop/galicia/
fiaregz.wordpress.com/
Velo Aí Vai (outro tipo de traballo que pódese facer en rede):
veloaivai.com/
Enlace Cooperativa Integral Galega (COIGA):
troco.arkipelagos.net/
n-1.cc/.../coiga---a-corunha+comunicación,-coordinación-e-di…
Enlace Cooperativa Integral Catalana:
cooperativa.ecoxarxes.cat/
www.aureasocial.org/es/projectes.../cooperativa-integral-cat…
Permacultura Eiras do Minho:
permaculturaeirasdominho.blogspot.com.es/


Unha forte aperta