Páginas vistas en total

sábado, 20 de octubre de 2012

IV Xornada Micolóxica e Magosto Folk


9/10/11 de novembro no C.S.O. A Casa da Estación


Venres 9

20:00h. Presentación das xornadas, organización da saída do día seguinte a Serra do Forgoselo, e explicación das bases para o concurso. 
Presentación do libro "Os cogomelos na cociña e outras cousas" [http://www.baiaedicions.net/castellano/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html], a cargo de Manolo Costas (Presidente da Asociación micoloóxica "Viriato" [http://amviriato.org/index.html]).
 
 Sábado día 10

8:30 h. Saída a Serra do Forgoselo cun guía experto na zona e sobre as 12:30 faremos un descanso para coller forzas.

14:30 h. Xantar cun menú que será empanadas, revoltos de setas con ovos ecolóxicos e un arroz con setas,  postre e café.

17:30h. Concurso a mellor cesta de cogomelos. (Farán falta pra concursar, traer dez especies diferentes de cogomelos perfectamente catalogadas, e como agasallo estos libros:

http://www.amazon.es/SETAS-LITORAL-ATL%C3%81NTICO-NOROESTE-PENINSULAR/dp/8482893394/ref=sr_1_2?s=books&ie=UTF8&qid=1347804063&sr=1-2)

http://www.baiaedicions.net/castellano/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html

O xurado estará composto por:
José Manuel Castro Marcote (Membro da Asociación micolóxica "Pan de raposo" [http://panderaposo.blogspot.com.es/] e Micólogo)
Manolo Costas (Micólogo e presidente da Asociación micolóxica Viriato)

18:00h. Palestra sobre "O xénero Amanita" a cargo de José Manuel Castro Marcote (autor de diversos libros sobre micoloxía galega).

21:00h. A partir de aquí haberá castañas asadas, viño e OS CEMPES en concerto, presentando o seu novo disco "Tentemozo".

Domingo día 11

10:00 h. Faremos unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume e contaremos como guía con José Manuel Castro Marcote co que clasificaremos todo tipo de amanitas.