Páginas vistas en total

viernes, 17 de agosto de 2012

I XORNADAS ANARQUISTAS e I PUNKXEA FESTIVA

8 de Setembro de 2012





O vindeiro sábado 8 de setembro convidamos-vos a I Xornada anarquista e ao I Punkxea Festival que se celebrará no C.S.O. A casa da estación.


As actividades coas que contaremos serán as seguintes:


11:00h. (e durante todo o día) haberá a disposición de todxs un muro duns 20 metros de largo por 2 metros de alto para quen desexe facer algún grafiti, plantillas, pintura, etc. relacionado co tema da okupación.

14:00h. Xantador solidario pro-presxs e achegadxs.


18:00h. Palestra sobre loita obreira e anarcosindicalismo.

(Compañeirxs da CNT de Ferrol falarán sobre como nestes días hai outras opcións ó sindicalismo vertical, así como métodos de acción directa e alternativas na loita contra o patrón).


19:30h. Palestra sobre anarquismo e represión carcelaria.

(A cargo do compañeiro José M. Botana Cao "Boti" autor do libro Caminando hacía el abismo, no que conta a sua historia dende que entrou na cadea por primeira vez no ano 1975 pasando 5 veces ata o ano 2003. Esta é a vida dun delincuente habitual de ideoloxía anarquista dende a xuventude, durante os últimos días do franquismo, ata o presente. A cadea e a loita contra a mesma, así como os movementos políticos que quedaron o marxe da "transacción" española).


21:00h. Campionato de fubolín, que terá como agasallo un lote de libros.


23:00h. I Punkxea festival


Sutura (punk Donosti)



Alterazión del orden (punk Melide)

myspace.com/alteraziondelorden


The fé kaos (punk chabola Ribeira)

myspace.com/thefekaos


Comando Robalisa (Punk en galego dende Portosín)



Tódalas actividades serán de balde agás o concerto a 4 euros e o campionato de fubolín que terá un custe de 2 euros por parella.

Durante todo o día haberá espazo dispoñible para distribuidoras alternativas de música, fanzines, libros, artesanía, etc..


Contaremos con zona de campismo e sitio para durmir na casa tamén (traede por favor esterilla e saco de durmir e quen queira montar tenda tamén deberá traela).

Para chegar a Pontedeume tendes varias opcións, coller o tren que vos deixa a 100 metros da okupa, tamén hai unha liña regular de bús, e se vindes en coche está a N-651 (opción que recomendamos) e a AP-9.


Unha aperta e saúde.

Organiza o colectivo anarquista Boo-chan en colaboración co C.S.O. A casa da estación


C.S.O. A casa da estación

Avda. de Ferrol, 71, Punktedeume