Páginas vistas en total

sábado, 14 de enero de 2012

Aniversario do C.S.O. A Casa da Estación

Ola,
despois duns meses de inactividade, voltamos  a carga!
Velaía van as actividades previstas para o aniversario que celebramos os vindeiros 20 e 21 de xaneiro.

Venres 20 de xaneiro
19:30h: Palestra sobre a represión nos movementos socias e sobre dereito e okupación (falará o compañeiro Fran del Buey, membro do colectivo Presos Galiza e okupa na Casa Encantada de Compostela).
22:30h: 1º Campionato de fubolín con agasallo dun lote de cds e libros para xs gañadorxs.
22:30h en adiante: sesión de pintxa discos.
Sábado 21  de xaneiro
11:30h: Cociñaremos o xantar.
14:30h: Xantador vegán gratuíto.
17:30h: Xuntanza de okupas e radios libres na que intentaremos reflexionar sobre a actual situación da okupación na Galiza e diferentes formas de colaborar e organizarse.
22:00h: Concertos:
BITXO BOLA (cantautor punk)
BULLDOZERS (Ferrol, versións heavy metal)
THE BROSSAS (Burela punk rock)
TRAZOS (Coruña punk rock)
entrada de balde

unha aperta e saúde

http://www.myspace.com/csoacasadaestacion/