Páginas vistas en total

sábado, 20 de octubre de 2012

IV Xornada Micolóxica e Magosto Folk


9/10/11 de novembro no C.S.O. A Casa da Estación


Venres 9

20:00h. Presentación das xornadas, organización da saída do día seguinte a Serra do Forgoselo, e explicación das bases para o concurso. 
Presentación do libro "Os cogomelos na cociña e outras cousas" [http://www.baiaedicions.net/castellano/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html], a cargo de Manolo Costas (Presidente da Asociación micoloóxica "Viriato" [http://amviriato.org/index.html]).
 
 Sábado día 10

8:30 h. Saída a Serra do Forgoselo cun guía experto na zona e sobre as 12:30 faremos un descanso para coller forzas.

14:30 h. Xantar cun menú que será empanadas, revoltos de setas con ovos ecolóxicos e un arroz con setas,  postre e café.

17:30h. Concurso a mellor cesta de cogomelos. (Farán falta pra concursar, traer dez especies diferentes de cogomelos perfectamente catalogadas, e como agasallo estos libros:

http://www.amazon.es/SETAS-LITORAL-ATL%C3%81NTICO-NOROESTE-PENINSULAR/dp/8482893394/ref=sr_1_2?s=books&ie=UTF8&qid=1347804063&sr=1-2)

http://www.baiaedicions.net/castellano/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html

O xurado estará composto por:
José Manuel Castro Marcote (Membro da Asociación micolóxica "Pan de raposo" [http://panderaposo.blogspot.com.es/] e Micólogo)
Manolo Costas (Micólogo e presidente da Asociación micolóxica Viriato)

18:00h. Palestra sobre "O xénero Amanita" a cargo de José Manuel Castro Marcote (autor de diversos libros sobre micoloxía galega).

21:00h. A partir de aquí haberá castañas asadas, viño e OS CEMPES en concerto, presentando o seu novo disco "Tentemozo".

Domingo día 11

10:00 h. Faremos unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume e contaremos como guía con José Manuel Castro Marcote co que clasificaremos todo tipo de amanitas.

viernes, 28 de septiembre de 2012

CONCERTO INFECCIÓN+ THE BROSAS

Xoves 4 de Outubro as 22:00h. haberá sitio pra durmir e ceador vegán de balde



viernes, 17 de agosto de 2012

I XORNADAS ANARQUISTAS e I PUNKXEA FESTIVA

8 de Setembro de 2012





O vindeiro sábado 8 de setembro convidamos-vos a I Xornada anarquista e ao I Punkxea Festival que se celebrará no C.S.O. A casa da estación.


As actividades coas que contaremos serán as seguintes:


11:00h. (e durante todo o día) haberá a disposición de todxs un muro duns 20 metros de largo por 2 metros de alto para quen desexe facer algún grafiti, plantillas, pintura, etc. relacionado co tema da okupación.

14:00h. Xantador solidario pro-presxs e achegadxs.


18:00h. Palestra sobre loita obreira e anarcosindicalismo.

(Compañeirxs da CNT de Ferrol falarán sobre como nestes días hai outras opcións ó sindicalismo vertical, así como métodos de acción directa e alternativas na loita contra o patrón).


19:30h. Palestra sobre anarquismo e represión carcelaria.

(A cargo do compañeiro José M. Botana Cao "Boti" autor do libro Caminando hacía el abismo, no que conta a sua historia dende que entrou na cadea por primeira vez no ano 1975 pasando 5 veces ata o ano 2003. Esta é a vida dun delincuente habitual de ideoloxía anarquista dende a xuventude, durante os últimos días do franquismo, ata o presente. A cadea e a loita contra a mesma, así como os movementos políticos que quedaron o marxe da "transacción" española).


21:00h. Campionato de fubolín, que terá como agasallo un lote de libros.


23:00h. I Punkxea festival


Sutura (punk Donosti)



Alterazión del orden (punk Melide)

myspace.com/alteraziondelorden


The fé kaos (punk chabola Ribeira)

myspace.com/thefekaos


Comando Robalisa (Punk en galego dende Portosín)



Tódalas actividades serán de balde agás o concerto a 4 euros e o campionato de fubolín que terá un custe de 2 euros por parella.

Durante todo o día haberá espazo dispoñible para distribuidoras alternativas de música, fanzines, libros, artesanía, etc..


Contaremos con zona de campismo e sitio para durmir na casa tamén (traede por favor esterilla e saco de durmir e quen queira montar tenda tamén deberá traela).

Para chegar a Pontedeume tendes varias opcións, coller o tren que vos deixa a 100 metros da okupa, tamén hai unha liña regular de bús, e se vindes en coche está a N-651 (opción que recomendamos) e a AP-9.


Unha aperta e saúde.

Organiza o colectivo anarquista Boo-chan en colaboración co C.S.O. A casa da estación


C.S.O. A casa da estación

Avda. de Ferrol, 71, Punktedeume

martes, 15 de mayo de 2012

ASAMBLEA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS FRAGAS DO EUME



As 20:00 H. do sábado 19 de Maio no C.s.o. A casa da estación







Orde do día:

1º.-Información proporcionada polas Comisións sobre o traballo desenvolto desde a última Asamblea.

2º.-Debate, modificación e aprobación do Regulamento interno da Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume se procede.

3º.-Aprobación se procede da acta de constitución formal da Plataforma.

4º.-Elección dos cargos de Responsabilidade das distintas Comisións que non estexan cubertas en base ao Regulamento aprobado.

4º.-Propostas das distintas Comisións para a vindeira xeira de traballo.

5º.-Varios.

6º.-Preguntas.

A Asamblea será na Csoa Da Estación Punktedeume que esta na Avda de Ferrola (100 m da estación de tren de Pontedeume).

sábado, 14 de enero de 2012

Aniversario do C.S.O. A Casa da Estación

Ola,
despois duns meses de inactividade, voltamos  a carga!
Velaía van as actividades previstas para o aniversario que celebramos os vindeiros 20 e 21 de xaneiro.

Venres 20 de xaneiro
19:30h: Palestra sobre a represión nos movementos socias e sobre dereito e okupación (falará o compañeiro Fran del Buey, membro do colectivo Presos Galiza e okupa na Casa Encantada de Compostela).
22:30h: 1º Campionato de fubolín con agasallo dun lote de cds e libros para xs gañadorxs.
22:30h en adiante: sesión de pintxa discos.
Sábado 21  de xaneiro
11:30h: Cociñaremos o xantar.
14:30h: Xantador vegán gratuíto.
17:30h: Xuntanza de okupas e radios libres na que intentaremos reflexionar sobre a actual situación da okupación na Galiza e diferentes formas de colaborar e organizarse.
22:00h: Concertos:
BITXO BOLA (cantautor punk)
BULLDOZERS (Ferrol, versións heavy metal)
THE BROSSAS (Burela punk rock)
TRAZOS (Coruña punk rock)
entrada de balde

unha aperta e saúde

http://www.myspace.com/csoacasadaestacion/