Páginas vistas en total

miércoles, 8 de diciembre de 2010

UN ANO E MÁIS

Pois iso,como imos estar de aniversario o vindeiro dia 18 de decembro queriamos facer unha serie de acividades especiais durante toda a semana.Agardamos que vos animedes a participar e pasar un bo rato.

                            VEMONOS NA OKUPA!!!!!!!!!!!!

-MERCORES 15:Pintadas pola casa 17:00h (pintaremos a okupa e faremos unhas faixas)
-XOVES 16:Proxección sobre a okupación 19:00h : -"Casas Viejas:5 años de okupación y autogestión" e "Okupa" de Octavi Royo e Ignasi P. Ferré
-VENRES 17:Charla sobre a autoxestión 20:00h
-SABADO 18:Xantador e xuntanza de okupas 14:00h(aqui pode vir quen queira,sexa ou non sexa okupa,pasaremos unha boa tarde)
CONCERTO 21:30h:coa participacion de  THC,Arenga,Folkolikos,Pandilla basura e algúns artistas invitados....
Entrada 2 € (o total da entrada sera doada o C.S.O. Casa das Atochas)

lunes, 29 de noviembre de 2010

A CASA DAS ATOCHAS NON SE DESALOXA!!!

A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.

Atentxs, pois seguiremos informando.

Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!

domingo, 21 de noviembre de 2010

IX Xornadas Libertarias

Xornadas organizadas polos compañeiros de Unión Libertaria e as cales estamos invitados e vos tamén claro está.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

ACTIVIDADES NOVEMBRO

11 XOVES: Taller  de Malabares as 18:30
12 VENRES:Presentacion do colectivo COORDENADA 0 20:00
15 LUNS:Asamblea da casa as 19:30
17 MÉRCORES :Xornada de limpeza
18 XOVES:Taller de malabares 18:30
20 SÁBADO :Concerto pola autoxestión da casa  21:00
22 LUNS:Asamblea da casa 19:30
23 MARTES:Taller de percusión 18:30
24 MÉRCORES: Proxeccion do documental (torturadxs, sobre o unico detido no cumio de Barcelona do 2002 condeado a dous anos e medio de prisón e 15.000 euros de multa) 19:30
25 XOVES:Taller de malabares 18:30
29 luns: Asamblea as 19:30

domingo, 3 de octubre de 2010

ACTIVIDADES MES DE OUTUBRO

Día 6 mércores: Proxección do video do desaloxo do c.s.o. Casas Viejas
Día 7 xoves:Comezamos o taller de malabares
Día 9 sábado:Concerto pola autoxestión do c.s.o. A Casa da Estación
Día 12 martes: Comezamos taller de percusión
Dia 13 mércores: Proxección de pelicula ainda por confirmar
Día 14:Taller de malabares
DÍA 16 sábado:xuntanza de varios colectivos que teñen hortas,despois comida e traballaremos na creación da horta ecolóxica o lado da okupa
Día 19 martes:Taller de percusión
Día 20 mércores:Proxección do documental, Carlos Palomino un año contigo un año sin ti
Día 21 xoves: Taller de malabares
Día 22 e 23: III Xuntanza Micolóxica contaremos co micólogo J.M. Marcote autor do libro Cogomelos De Galicia
Día 26 martes:Taller de percusión
Día 27 mércores:Proxeccion de pelicula por confirmar
Día 28 xoves: Taller de malabares
Día 30:Concerto  por confirmar
As proxeccións comezarán as 19:30,o taller de malabares será as 19:00 animádevos a vir pola casa a participar nas actividades traede as vosas propostas a casa e para crear cultura alternativa e para disfrutar todos asi que animádevos a participar